Skip to main content
ActualidadeXermade

O Encontro de Torneiros da Madeira de Xermade será virtual

Por 12 Xullo, 2020Xullo 30th, 2020Sin comentarios

O que ía ser o XX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira cambiará de formato este ano debido á situación sanitaria que atravesa o país porque, como indicou a organización “hai que poñer a seguridade das persoas ante todo”. Engadiron que coas condicións das instalacións “faise difícil manter totalmente as medidas de prevención ao 100%” polo que decidiron que este ano non se faga de forma presencial.

Así a intención é facer a exposición de pezas de forma virtual utilizando para elo as novas tecnoloxías das que dispoñen. Así, estiveron preparando a web, encontrodetorneiros.org para acoller o evento de forma dixital.

Na páxina haberá ademais das seccións habituais de Galería, relatoras que pasaron por Xermade, historia, camisetas, etc, unha sección dedicada ao XX Encontro de Torneiros, onde se poden enviar facilmente as fotografías das pezas ou dos participantes traballando co torno. Ata o día 6 de setembro recibirán as fotos ee con ese material farán unha exposición na web que se abrirá o venres 18 de setembro.

Para animar á participación, os habituais colaboradores, Comercial Pazos e Tornyfusta, doaron un obsequio de produtos de tornería cada un que se sortearán entre todos os que envíen fotos. Ademais todos os participantes recibirán un kit dun llavero, un lapis, un bolígrafo-calibre e un catálogo de Comercial Pazos. Os obsequios enviaranse aos gañadores dentro do territorio nacional.

Avanzaron tamén que non haberá exhibición en vivo do torneado. “Confiamos que para o ano a situación esté controlada, que sexa máis fácil manter as condicións de seguridade que eviten o rebrote de novos focos de contaxios e que podamos ofrecer todo presencial”, concluíron.