Skip to main content
ActualidadeXermade

A ITV agraria estará en Xermade esta semana

Por 14 Xullo, 2020Sin comentarios

A unidade móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará entre o 15 e o 17 de xullo no Concello de Xermade para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 mércores e xoves mentres que o venres só atenderá pola mañá. A devandita unidade estará situada no polígono industrial de Xermade.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.