Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Fogar de Maeloc acolle unha exposición de pintura ata agosto

Por 14 Xullo, 2020Sin comentarios

O Hábitat Cultural Fogar de Maeloc acolle estes días unha exposicion de gravado e pintua do artistas Pablo Sáez. Está situada na sala de usos múltiples da casa da cultura da Pastoriza e poderá visitarse ata o 9 de agosto.

Pablo Sáez é un artista madrileño cunha dilatada traxectoria na pintura ao óleo e acrílica, más a súa dedicación maior dende sempre orientouse ao gravado. Formado na Escola de Belas Artes de San Fernando e na Escola de Artes e Oficios de Barcelona, monta o seu propio obradoiro en Madrid nos anos 80, onde se centra no gravado tanto en relieve como en oco. Na actualidade reside en Lugo onde continúa coa súa tarefa creadora. Algunhas das súas obras conservánse na Calcografía Nacional, na Biblioteca Nacional e no Museo provincial de Ourense.

“Nestos tempos de incertidumbre, cambios rápidos e dificultades, cómpre abrir espazos para o arte e a reflexión.

Pablo Sáez ábrenos a un mundo imaxinario, onde a vida: natureza e máquina fúndense para mostrar un mundo simbiótico”, din as críticas.