Skip to main content
ActualidadeBegonte

O Ceip Virxe do Corpiño contará cunha segunda aula de infantil

Por 16 Xullo, 2020Sin comentarios

O Ceip Virxe do Corpiño de Begonte contará co ano que ven cunha segunda aula de Educación Infantil debido ao aumento do número de matriculados.

Segundo informan dende o centro, o aumento da matriculación de alumnado no centro foi dun 130% con respecto ao curso anterior, o que lles permite aumentar o número total de alumnado do colexio nun 25% a partir de setembro.

Este aumento trae consigo importantes melloras a nivel pedagóxico, posto que se creará unha segunda aula de Educación Infantil.