Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Mupav pecha temporalmente por unha inundación

Por 17 Xullo, 2020Sin comentarios

Unha inundación foi a causa de que o Museo de Prehistoria de Vilalba tivese que pechar ao público por terceira vez no que vai de ano.

Este peche prodúcese poucos días depois de que reabrise tras permanecer fóra de servizo durante o tempo de confinamento por mor da pandemia do coronavirus.

Nesta ocasión foi a rotura dunha tubaría o que motivou o peche temporal mentres se volve a adecuar o edificio.

Foi o luns, día de peche do recinto, cando descubriron a auga, que xa estaba extendida por todo o edificio e causara destrozos en marcos de portas e zócalos, entre outros.

Xa no mes de febreiro tivera que pechar uns días tamén por un pequeno incendio nun despacho.