Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol fixo entrega do III Premio de Investigación

Por 18 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Friol acolleu o acto de entrega de premios correspondente á terceira edición do Premio de Investigación, celebrado por esta entidade pública, en colaboración coa asociación Carballo Vivo e a USC.

O xurado nomeado para valorar os traballos presentados en esta edición fallaron o primeiro premio a favor de Alberta Lorenzo Aspres polo traballo Friol como paradigma de estudo do románico rural galego, do que resaltaron a boa metodoloxía empregada, o estilo claro e accesible a todas as persoas, a gran calidade documental e gráfica, a súa boa contextualización, entre outras cousas.

O segundo premio foi para as autoras Cristina Barreiro Abuín e Mª del Carmen Prado Penas polo traballo Catalogación etnográfica do patrimonio hidráulico do Concello de Friol: Os muíños, no que fixeron un inventario dos muíños do Concello de Friol con un gran valor e unha aportación documental de fotos e localización do patrimonio moi interesante.

No acto de entrega dos premios participaron representantes das tres entidades organizadoras, as premiadas fixeron a súa aportación realizando unha pequena exposición dos traballos realizados, e tamén participou no acto de entrega o periodista friolés David Espiño.

O alcalde, José Ángel Santos, destacou a importancia deste premio “para seguir na liña de impulsar e promocionar o noso patrimonio porque este tipo de traballos son unha ferramenta básica para axudar á súa dinamización”.