Skip to main content
A PastorizaActualidade

A ITV móbil para vehículos agrícolas amplía a estadía na Pastoriza

Por 19 Xullo, 2020Sin comentarios

A unidade móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará entre o 23 de xullo e o 4 de agosto no Concello de na Pastoriza para atender a todos os veciños do termo municipal. A ITV móbil estará os días 23, 24 e 27 no campo da festa de San Martín de Corvelle mentres que entre o 28 e o 4 de agosto estará detrás da gasolinera da Pastoriza.

A atención ao público será entre 8.00 a 18.30 horas todo os días agás agás os venres, que só atenderá de 9.00 a 13.30 horas. O 27 estará de 8.00 a 17:00 horas e o último día de 8.00 a 11.30 horas.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.