Skip to main content
ActualidadeBegonte

O Concello de Begonte dará axudas de 500 euros aos comercios afectados pola pandemia

Por 21 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Begonte vénd e convocar axudas para impulso da reactivación da actividade económica no termo municipal de Begonte, co obxectivo de paliar os efectos do covid-19.

O obxecto da presente convocatoria é paliar ou minimizar na medida do posible as consecuencias derivadas da grave crise económica, impulsando desde o Concello a reactivación da actividade económica e a protección do emprego no termo municipal de Begonte, mediante a concesión das correspondentes axudas aos autónomos e empresas con domicilio fiscal no termo municipal de Begonte.

As axudas contará cun orzamento de 12.000 euros con cargo aos orzamentos municipais e consistirán nunha contía fixa de 500 euros para as persoas físicas e xuíricads que se visen afectadas polo estado de alarma. Concederase unha única axuda por establecemento. Dado o carácter de complementarias das axudas reguladas pola presente convocatoria, a súa concesión será
compatible coas que se puideran obter de calquera outra Administración Pública.

O prazo de solicitude xa está aberto e prolongarase ata o 1 de agosto. Estas poderán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Begonte no modelo normalizado, preferiblemente por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello, debendo empregar o modelo de presentación electrónica de solicitudes Instancia Xeral,  prégase que indique no asunto a seguinte lenda “Solicitude de axudas para paliar os efectos do covid-19.