O día 25 entregaranse os diplomas da Uned Sénior pero non haberá festa de avós

A parroquia de Momán en Xermade e Labrada en Guitiriz non celebrarán este ano a festa dos maiores, que tiña lugar tradicionalmente o 26 de xullo, coincidindo co día de Santa Ana e San Joaquín. Pero o que avanzan e que terán a tradicional entrega de diplomas da Uned Sénior.

Este ano, coa inquietude do covid-19, non se realizará ningún acto de encuentro, “pero non deixaremos sen recordar aos nosos maiores que son o fundamento das nosas vidas e das nosas familias e moitos máis das nosas aldeas”, explica o cura Rodríguez Patiño, coordinador deste organismo na zona.

Así, dentro dos actos previstos, o 25 de xullo, ás 11.oo horas e coa presenza do alcalde de Xermade, Roberto García, farase entrega dos diplomas do segundo cuatrimestre da Uned Sénior. Será na igrexa parroquial de Momán.

“Este segundo cuatrimestre que nos fixo renovar o noso xeito de dar as clases e de poñernos en contacto con todas e todos os nosos alumnos, a maioría cunha idade media de 75 e 80 anos, a través das redes sociais, sendo as vías máis usadas whatsapp, internet e o e-mail”, lembra Patiño.

O segundo cuatrimestre comezou a finais de xaneiro e ata o 14 de marzo estívose realizando de xeito presencial, pero a partir desa data tomouse outra vía de contacto a través do envío de xeito persoal dos temas das asignaturas e os videos realizados polos profesores.

Etiquetas