O I Slalom de Guitiriz trasladarase ao 12 de setembro

O I Slalom Concello de Guitiriz, que tiña previsto celebrarse o pasado 28 de marzo e que foi suspendido polo estado de alarma ten como data de celebración o 12 de setembro. Trátase da proba inaugural do Campionato de Galicia que chega ao municipio da man da escudería Scratch Fene.

Esta proba comeza a quentar motores co período de inscrición, e contará coa experimentada escudería na organización, sendo o Concello de Guitiriz o promotor da mesma.

A proba disputarase todo o sábado e tamén será puntuable para o campionato de Galicia da modalidade, para a II Copa Noroeste de promoción de Slalom e ofrece como premio a licencia de piloto e a inscrición nos slaloms por eles organizados en 2021 para o gañador da mesma.

O circuíto urbano que se desenvolverá en Guitiriz terá como escenario o Campo da Feira, no centro neurálxico da localidade. A proba combinará velocidade e habilidade para dar o pistoletazo de saída á tempada 2020 e contará co apoio de diversas asociacións e empresarios do municipio.

Etiquetas