Skip to main content
ActualidadeMeira

Comezan agora as obras en Vilar da Corota e en setembro as da área recreativa de Meira

Por 30 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Meira vén de adxudicar varias obras pendentes no tempo municipal. Unha das primeiras en convocarse foi a das obras de mellora do pavimento e recollida de augas pluviais no núcleo de Vilar da Corota.

Estas obras teñen un prezo final de 21.578,27 euros, dos que 3.744,99 corresponden ao IVE. Deses cartos, 16.313, 17 euros corresponden a unha subvención da Xunta de Galicia a través do fonde de compensación e que lle foi concedida ao Concello de Meira o 27 de maio. O resto do orzamento estará ao cargo da financiación municipal. As obras teñen un prazo de execución dun mes dende o momento do seu inicio. Este terá nos próximos días.

Tamén foron adxudicados os traballos de renovación do pavimento na senda peonil na área recreativa Profesor Río Barxa, situado no centro da vila. Estas obras teñen un orzamento de final de 44.214,74 euros. As obras executaranse con cargo as subvencións do Fondo de Compensación Ambiental. Estas obras terán un prazo de execución de dous meses e darán comezo en setembro xa que como indican dende a Alcaldía, estes días o parque está sendo moi utilizando polos veciños e “non queremos entorpecer”.

A renovación da senda foi posta en marcha debido aos problemas que ocasionaba nos viandnates xa que faltaban lousas, outras estaban rotas e había problemas de estabilidade coa choiva.