Skip to main content
ActualidadeVilalba

A asociación Sete Pontes formará aos membros na súa transformación dixital

Por 31 Xullo, 2020Sin comentarios

A Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes de Vilalba prepara a presentación para a posta en marcha dos obradoiros dixitais ao abeiro da liña de axudas da Xunta de Galicia para a dixitalización Industria 4.0

Trátase dun proxecto pioneiro na comarca chairega, no que o principal obxetivo que se persegue é o de axudar aos asociados na súa transformación dixital de xeito que sexan capaces de determinar cales son as súas prioridades e o camiño a seguir para poder modernizar as súas empresas e os seus modelos de negocio, chegando a construir o seu propio Plan de Transformación Dixital.

O prazo para inscribirse como empresa candidata nos Obradoiros de Dixitalización para a Industria 4.0 xa está aberto. A inscripción é totalmente gratuíta para os socios e o prazo remata o día 4 de agosto