Skip to main content
AbadínActualidade

Abadín licita obras de asfaltados e colocación de contedores

Por 31 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Abadín sacará a licitación dous proxectos de obra nos que se inclúe asfaltado de camiños e colocación de contedores.

O primeiro proxecto, que conta cun orzamento de 73.447 euros inclúense a mellora de camiños ruralas en Ratoeira, Labrada, Guntín e Fonteceal (Castromaior). Estes días anunciarase no perfil do contratante na propia páxina web do Concello.

As obras contempla coma sempre unha nova capa de rodudura e a limpeza e acondicionamento de arcenes.

Ademais, saca tamén a licitación un proxecto de protección do medio ambiente e o espazo natural que contempla dúas actuacións que supoñen un total de 263.885 euros. A partida máis importante, 214.827 euros irán destinados a novas obras de asfaltado e reparación de vias nas parroquias de Romariz, Labrada, Baroncelle, Moncelos, Graña e Vilarén. Estas partida conta cunha subvención do Plan Agader.

Así mesmo, o resto, 49.058 euros irán para a colocación de contedores en toda a zona rural. Trátase de contedores de 770 litros que contarán cunha base de formigón de 1,5 por 1 metro e cun suxeita contedores de inox. A obra estará financiada polo fondo de compensación e completa outra actuación subvencionada con cargo ao Plan Único que xa se levou a cabo recentemente.