Skip to main content
Actualidade

O Concello de Outeiro de Rei aprobou o aumento de varias taxas municipais

Por 31 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei celebrou onte o Pleno extraordinario, no que con oito votos a favor fronte aos catro da oposición, aprobouse o orzamento, que ascende a 6,2 millóns de euros.

Dentro de este orzamento 2,5 millóns destinaranse á xestión dunha palloza e o restante usarase para a mellora de vías públicas, centros deportivos e outras necesidades do Concello.

Ademais aprobaron incrementar as taxas de recollida de lixo un 40%, así como o abastecemento da auga un 20%, unha medida que xa causara malestar entre os veciños e que xerou numerosas protestas antes da celebración do Pleno.

O BNG presentou emendas para que non se aplique ningunha subida alegando que “no medio dunha crise non é normal subir as taxas”. Tamén pediron conxelar ditas taxas mentres dure os efectos da pandemia, pero esta emenda foi rexeitada polo Goberno local.

Pola súa banda, o alcalde, José Pardo, manifestou que o pago destes servizos no concello é moi baixo e a porcentaxe da subida reflectida en euros supón un aumento de un ou dous euros cada dous meses na factura que reciben os veciños.

Segundo engade o alcalde, “hai un déficit pola situación que se está a vivir e a iso hai que facerlle fronte pero a subida polo que se paga de servizo non é significativa”.