Vilalba felicita aos alumnos do IES Basanta Silva polos seus resultados na Abau

O Concello de Vilalba celebrou hoxe un acto institucional de recoñecemento ao alumnado do IES Santiago Basanta Silva polos seus bos resultados nas probas da Abau.

En concreto, estiveron as 15 alumnas e alumnos do centro que se atopan entre os mellores expedientes académicos de Galicia tras as probas da Abau, onde obtiveron unha puntuación superior ao nove na fase xeral.

As alumnas e alumnos e parte do profesorado foron recibidas pola alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e a concelleira de Cultura e Igualdade, Vanesa Siso, encargadas de trasladarlle en representación do concello a noraboa tanto ao alumnado como ao profesorado.

“É un orgullo para Vilalba ter esta mocidade, que veñen de acadar uns resultados extraordinarios nas probas da Abau, e tamén unha satisfacción para o noso grupo de goberno ter un ensino público de tanta calidade no noso municipio”, manifestou a alcaldesa, Elba Veleiro.

Etiquetas