Skip to main content
Actualidade

O CD As Pontes completa o equipo para a próxima tempada

Por 2 Agosto, 2020Sin comentarios

O novo adestrador do CD As Pontes, Luis Santiago, avanzou algunhas das novidades que figuran no equipo que a próxima tempada seguirá na Terceira División. O conxuntoocupaba antes da suspensión da competición unha das prazas de descenso pero ao desaparecer esa posiblidade terá unha segunda oportunidade o próximo ano na categoría.

Ás novidades aportadas o mes pasado súmase a fichaxe de David Martínez Bugy, porteiro procedente do Volantes de Baño e cunha ampla traxetoria no Atlético Coruña, Bergantiños-Escolas Luis Calvo. Tamén entra no equipo Manu Moya, xogador formado na canteira do RealBetis e que tamén pasou polo EXT_UD, a pasada tempada militou no Somozas, e que ven a apuntalar a defensa. Así mesmo, renovou tamén Dani Fernández Ramil, capitán e baluarte do equipo.

Continúan do ano pasado o porteiro Paco, o lateral dereito Berto, os medios centros Gonzalo, David García e Daniel Pájaro, o extremo Rubén Pardo e o dianteiro Quique.

Entre as novas incorporacións están o dianteiro Artai Miraz e o defensa Álex López, ambos procedentes do Galicia de Mugardos, e tamén regresa o media Punta Óscar La Magia Martínez, que xa estivera no clube na campaña 2015-16, así como o seu irmán Adrián. Sumouse tamén o laterial esquerdo Borja Pita, dende o Rácing de Ferrol, e Vilela, formado nas categorías inferiores das Pontes.

Causan baixa o dianteiro aresán Carlos, cunha suculenta oferta do Bergantiños, o medio ofensivo viveirense Fidi, e o lateral esquerdo canteirán Álex Cabarcos, que marcha ao Somozas. Tampouco estarán Iván Pérez, Sergio Otero, Sánchez, Marcos Caridad, Maroñas, Dani Fernández, Javi Liz, David Pájaro e Breijo.