Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade adxudica a subministración de enerxía eléctrica

Por 4 Agosto, 2020Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade adxudicou o contrato de subministración de enerxía eléctrica para alumeados públicos e instalacións municipais a Gas Natural, previa licitación por procedemento aberto simplificado. A adxudicataria acadou a mellor puntuación.

Con carácter previo á licitación procedeuse ao reaxuste de potencias de varios puntos de subministración, medida que, xunto coa oferta acadada na licitación, implica un aforro para as arcas municipais dun 30% con respecto á situación anterior.