Skip to main content
ActualidadeXermade

O Concello de Xermade renova o salón de plenos

Por 5 Agosto, 2020Sin comentarios

Os operarios do Concello de Xermade finalizaron estes días unha reforma no salón de plenos para mellorar o seu aspecto nunha das salas abertas ao público xa que se trata de sesións públicas.

Os operarios puxeron a tarima nova, pintaron o salón e restauraron os mobles que alí se atopan. Tratáse de varias pezas de mobles chineiros de distintas épocas e que conservan no seu interior pezas de porcelana procedentes na súa maioría de distintos agasallos así como libros e outras pezas de propiedade municipal. Tamén figura unha mesa cunha máquina de escribir e material de escritura do século pasado.