Skip to main content
ActualidadeVilalba

O PP urxe a aprobación dun orzamento “do que nada se sabe aínda”

Por 5 Agosto, 2020Sin comentarios

A moción presentada polo Partido Popular sobre os orzamentos centrou unha boa parte do último Pleno, que se prolongou ata a medianoite. Nesta ocasión, tanto os populares como os de Vilalba Aberta criticaron a xestión municipal neste punto reclamando as contas xa que están a traballar cos orzamentos dos ano pasado prorrogados. O voceiro do grupo, Agustín Baamonde, afirmou que “esta situación é unha mostra máis da inacción do equipo de Goberno e outra consecuencia da ruptura do pacto de Goberno”. Segundo engadiu o PSOE “non se da conta da situación na que se queda en minoría, e que para gobernar tr que ter as contas arranxadas polo que só lle quedan como alterantivas negociar os presupostos ou ben deixar o Goberno”.

O equipo de Goberno, por boca do seu edil de economía, defendeuse das acusacións alegando que o orzamento estaba xa deseñado pero a pandemia obrigou a facer modificacións antes de presentalo para a súa aprobación. Baamonde dí que eso non é certo “porque según eles nos reclamaban a nós cando estabamos no Goberno, tiñan que telo aprobado en decembro e en marzo aínda non se tiña nada”.

O PP acusou tamén ao Goberno local de seren o único partido que non foi quen de tomar medidas de ningún tipo sobre a reactivación económica tralo covid-19. A razón de fondo segue a ser para os populares a carencia de presuposto e a carencia de capacidade de aprobar as contas. Os populares aseguraron que agora mesmo seguen a gobernar cos orzamentos que elaborou o PP para o ano 2019 “e iso non ten sentido xa que non foi apoiado por eles cando se aprobou”. Así mesmo, estiveron de acordo coa opción de elaborar un borrador para tratar entre todos, “aínda que non debería ser así, debería ser o propio Goberno o que tomase a iniciativa”.

Asegura tamén o ex alcalde de Vilalba que a falta de orzamento está tendo moitos prexuízos na paralización dos grandes proxectos que levaba o PSOE en campaña como co centro de día, a estación depuradora, a canceira e o “rife e rafe que hai coa estación de autobuses. Tamén acusou o “serio problema de seguir sen RPT. A intervención municipal quedou sen persoal e non as substituíron xerando graves problemas nos procesos de contratación.

Tamén seguiu a poñer como exemplos “de inactividade” a ampliación do polígono industrial e o “máis dun ano que levan atrancados co Pxom sen poder poñelo a andar”.

O PP atendeu tamén ás explicacións da alcaldesa ante a ruptura do pacto de Goberno, respostas pendentes da sesión anterior. “Deu explicacións pero non serviron para nada. En realidade o que fixo é recoñecer que a razón do cese era por cuestións ideolóxicas e logo facer unha xustificación a posteriori”, dixo. Baamonde asegurou que a auténtica cuestión de fondo era o tema xudicial de Modesto Renda pero agora xa está todo resolto con sentenzas absolutorias e esgotadas todas as vías. No momento do pacto entenderíase ter feito esa renuncia ao pacto pero non agora cando xa está todo resolto”.