Skip to main content
ActualidadeVilalba

Acto vandálico na casa do Ratonciño Pérez

Por 6 Agosto, 2020Sin comentarios

As redes sociais da Terra Chá está a levantar un grito unánime polo acto vandálico contra a casa do Ratonciño Pérez de Vilalba. Foi o propio líder infantil dos pequenos o que fixo público o estado no que quedaba a súa casa, situada nunha árbore na propia vila.

“Isto é o que pasa cando non hai civismo”, denunciou o Ratonciño Pérez. Non faltou o apoio popular de todos aqueles que se solidarizaron coa situación e manifestaron a súa indignación.