Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

José Manuel Candal: “Rábade é para o futbolín o que Roland Garros é para o tenis”

Por 13 Agosto, 2020Sin comentarios

Toda unha vida, máis de corenta anos leva José Manuel Candal, Lolín, vinculado ao mundo do futbolín, aínda que competindo en grandes torneos a nivel nacional, uns 25 anos. “Quizais podemos poñer o punto de partida nese sentido no ano 95 cando xogamos o primeiro Mundial e demos a coñecer o máster de Rábade a nivel nacional e creamos a Pena Bóla Meiga”, explica. Agora, ademais vénd e ser elexido vicepresidente da debutante Federación Española de Fútbolín.

Como xurde a idea de crear unha Federación de Fútbolín?

O tema da  federación xa vén de vello, é máis, en España xa existía unha pero non era deportiva, é dicir, para que sexa unha federación deportiva como pode ser o  fútbol, o baloncesto ou o billar, ten que estar regulada e pertencer ao Consello Superior de Deportes. E iste, ao mesmo tempo, ten que recoñecer o xogo do  futbolín como deporte. E agora que en España aumentou como nunca a afección e a participación en ligas e torneos; están a crearse asociacións, clubs, etcétera, cremos que chegou o momento de que o  futbolín pase da categoría de simple xogo a todo un deporte competitivo, rexido por unhas normas e coa súa correspondente federación.

Que obxectivos persegue a federación?

A unificación de todos os estamentos do mundo do  futbolín para  lograr un fin común, regular as competicións, os regulamentos e as normas de forma oficial  e por suposto entrar dentro dos orzamentos do estado como unha federación máis.

Que pasos faltan por dar?

Que o Consello Superior de Deportes recoñeza ao  futbolín como deporte e a legalización oficial de moitas peñas, asociacións  e sobre todo que os afeccionados e xogadores crean niso e apoien o proxecto que sei que se pode conseguir.

Que lle aportará aos deportistas a existencia dunha federación?

Todo… Ter subvencións, axudas, seguros, seguridade e saber que as competicións estarán sempre garantidas, reguladas e controladas. E o máis importante, polo menos para min, o recoñecemento oficial dos logros conseguidos e das vitorias.

Como chega a ocupar este posto?

Pois mo pediu xente que comparte comigo esta afección e loitan para que o deporte do futbolín alcance cotas máis altas e, supoño, porque levo moito tempo neste mundo sendo un dos pioneiros en crear competicións (organizando, xogando…) e igual ser un referente para moita xente do mundo do futbolín sobre todo para os que me coñecen ben, aprécianme e quérenme.

Que lugar ocupa Rábade na competición de futbolín?

Uff, non sei se serei obxectivo con esta pregunta  jaja … Pero para min e para moitos afeccionados  Rábade é para o  futbolín o que  Roland  Garros é para o tenis.

Como inflúe o covid-19 no futbolín?

Mal non, o seguinte diría eu. Tanto como deporte en si paralizando as competicións, as quedadas de afeccionados etc, como para o sector das  máquinas recreativas, onde os fabricantes, operadores e todo o que rodea ao mundo do futbolín onde o golpe foi moi duro tanto socialmente como economicamente, xa que a maior actividade está nos locais de lecer como os bares ou as salas de xogo.  E pensando nun futuro non moi afastado as consecuencias que pode traer o Covid-19 en canto aos orzamentos dos torneos pode resultar un gran  hándicap para as organizacións.

Canta xente está vinculada a esta práctica en España? E en Rábade?

A nivel nacional é difícil dicirunha cifra exacta na competición, agora mesmo podería haber un 5.000 xogadores que participan nos distintos torneos xuntando por suposto todas as modalidades, sistemas e mesas de xogo. E en Rábade… Bastante. Creamos a asociación Bóla Meiga, da cal son presidente, fai agora precisamente 25 anos e agora temos outra peña creada por uns 40 mozos de Rábade e os arredores que se chama  Rábadefutbolin, fundada hai 3 anos. E por suposto, en canto aos eventos que se fan, é importante a implicación de moitos amigos do pobo, empresarios e do Concello en xeral, encabezadao polo alcalde e o concelleiro de deportes ambos so dous participantes no Máster. Danlle un plus extraordinario sobre todo ao máster e todo o que o rodea.

Respecto a Rábade. Que proxección ten o seu Máster anual? Está en periodo de crecemento?

O crecemento é espectacular, cada ano a participación vai a máis e por iso estamos a estudar o aumento dos premios e ofrecer algo máis tanto aos xogadores como todos os que nos visitan nesas datas . Situándose como un dos grandes eventos a nivel nacional dentro do que son os deportes minoritarios.

Que supuxo a suspensión deste ano?

Pois como todo, supuxo un duro revés para todos nós. Pero gardamos certas esperanzas de podelo facer en outubro na ponte da Hispanidade.

Haberá o ano que vén algunha novidade máis?

Pois se… Como sempre algunha haberá e será unha sorpresa, pero a día de hoxe o único que nos preocupa é que se poda facer e saber cando será a seguinte edición.