Skip to main content
ActualidadeXermade

O Concello de Xermade licita a área de xogos na Criba

Por 14 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello de Xermade está a licitar, mediante contrato menor, a obra nomeada Área de xogos en Roupar, nunha parcela cedida pola Asociación de Veciños San Estebo de Roupar. O anuncio de licitación foi publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público o pasado 3 de agosto, e o prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro xoves 13 de agosto.

A obra está financiada co superávit do exercicio 2018, e está pendente de obter autorización de Augas de Galicia para poder iniciarse a súa execución.

No ano 2018 construiuse un parque infantil en Piñeiro, financiado co superávit do exercicio 2017; e tamén está prevista a mellora do parque infantil de Xermade con cargo ao Plan Único do ano 2020. Deste xeito, preténdese aumentar e mellorar as áreas de xogos para as crianzas do municipio.