Skip to main content
Actualidade

Lugo estabilízase no número de casos activos de covid-19 e en Galicia seguen crecendo

Por 17 Agosto, 2020Sin comentarios

A área de Lugo comeza unha nova semana cos mesmos casos activos de Covid-19 que este domingo: 110. Deles, un permanece ingresado na UCI e tres están hospitalizados no Hula, o resto atópanse illados nos seus domicilios. Malia manter o mesmo número de casos, hai seis novos positivos que compensan con outras tantas baixas.

Non se pode esquecer que os distintos gromos que foron detectados na provincia nos últimos tempos en lugares como Mariña, Vilalba, Castro, Cospeito, Escairón ou Pedrafita están controlados.

Ata o momento seguen manténdose os 29 falecementos e no histórico figuran  1.258 altas e un total de casos de 1.396

Con respecto aos datos da Comunidade, hoxe os casos soben en 118 casos de Covid-19 máis que este domingo e suma xa 1.400 casos activos, informou a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Deles 851 son da área da Coruña, 110 da de Lugo, 114 da de Ourense, 70 da de Pontevedra, 139 da área de Vigo, 63 da de Santiago, e 53 da de Ferrol. É por tanto a provincia coruñesa a máis afectada polos gromos con 73 casos activos máis en 24 horas.

Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI (dous máis que onte), 57 en unidades de hospitalización (9 máis) e 1.338 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.608 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 282.103.

Cinco persoas están nas UCI (2 máis) e outras 57 en unidades convencionais de hospitalización (9 máis), mentres que o resto están nos seus domicilios.

A Xunta indica tamén que hai oito usuarios contaxiados en residencias de maiores, por ningún rexistrado o domingo, mentres que seguen contaxiados catro profesionais.