Skip to main content
Actualidade

O Tecor Terra Chá abre a tempada de caza con cetrería

Por 19 Agosto, 2020Sin comentarios

O Tecor Terra Chá abriu a tempada de caza para o método de cetrería a partir do 1 de agosto e que inclúe varias opcións.

Na primeira inclúe o permiso de córviso, que permite a caza de choia, pega rabilonga, estorniño e gaivota todos os días da semana nas 46.000 hectáreas do coto desde o 1 de xullo ata o 31 d marzo. Ademais mantén unha zona excluxiva de cetrería  de 560 hectáreas na que se pode cazar todos os días, do 1 de agosto ao 30 de abril coellos, perdiz e faisán. Nesta zona haberá soltas mensuais ao longo de toda a tempada das especies citadas para favorecer os lances. Estas 560 hectáreas están reservadas exclusivamente para cetrería.

A tarxeta de cetrería da dereito tamén á caza menor de pato, arcea , torcaz, perdiz, coello e lebre en toda a superficie do coto os días estipulados no plan de caza do coto para a caza menor.

Este ano incluíron no plan cinexético a caza do vedado dea Goa, só mediante cetrería o que lle permite ao tecor dobrar as hectáreas dedicadas exclusivamente aos cetreros.