Skip to main content
Actualidade

Os piragüistas das Pontes volven á pelexa con medallas de ouro

Por 19 Agosto, 2020Sin comentarios

O sábado 15 de agosto desputouse a 49ª edición do Descenso Internacional do Miño entre as localidades de Salvaterra e Tui.

O Xuvenil-Matojoma das Pontes desprazouse ata terras do Baixo Miño a o seu equipo cadete que se fixo coa victoria en k1 e k2 muller, con Celia Durán na embarcación individual e Ada Fernández e Inés Domínguez na dobre. Tamén subiron ao podio, pero esta vez na segunda posición, Pablo Vispalia e Lucas Valle no k2 home cadete. Antón García foi 4º en k1 e David García 20º na mesma categoría e modalidade. Ademais dos cadetes, os veteranos José Manuel García e Ernesto Gancedo conseguiron o 3º posto no k2 home veterano.

Houbo unha importante variación no sistema de saídas por mor de cumprir cos protocolos para evitar o contaxio da Covid-19 e evitar as aglomeracións, que obrigaron a saír por tandas de mañá e tarde en vez da tradicional saída de terra con todos os deportistas xuntos. A parte de esto, o percorrido foi o habitual e o nivel de participación alto, como vén sendo habitual nesta regata.

Ademais dos cadetes, os veteranos José Manuel García e Ernesto Gancedo conseguiron o 3º posto no k2 home veterano.