Skip to main content
ActualidadeGuitirizVilalbaXermade

A Uned Sénior abre o prazo de matrícula

Por 22 Agosto, 2020Sin comentarios

A Uned Sénior da zona da Terra Chá abriu xa o prazo de inscrición para o próximo curso escolar que contará por primeira vez con ensino on line, que se combinará coa presencial.

A Uned Sénior, que ten presencia en 14 concellos galegos, conta cunha matrícula que se sitúa arredor das mil matrículas.

“Son matrículas diferentes, podes inscribirche nunha ou outra. Haberá as clases presenciais de sempre, que en caso de haber problemas como pasou agora co confinamento, daranse a través de internet ou de WhatsApp, e as clases 100% online, que se estrearán este ano coa creación dunha plataforma á que se poderán apuntar maiores de calquera parte do mundo, non só de Galicia como agora”, explica o coordinador da Uned Sénior Terra Chá-Eume, o párroco Luís Anxo Rodríguez Patiño.

Segundo engade, manteranse as mesmas materias pero non descartan incorporar algunha máis se así se solicita, pero dando prioridade ás clases de informáticas, que “axudaron moito aos maiores nestes últimos meses”.

No caso da formación presencial, a aula de Momán, que ata o de agora se situaba na antiga escola da parroquia xermadesa, trasladarase á nave do Campo da Feira porque hai máis espazo e se poden respectar mellor as distancias de seguridade para evitar posibles contaxios. No caso de Guitiriz será o Concello o que terá que determinar onde se darán as clases. O prazo para ambas as matrículas para o curso 2020-2021 prolongarase ata o 5 de outubro, cando está previsto que empecen de novo as clases da Uned Sénior.