Skip to main content
ActualidadeVilalba

Reabre o Bike Park Outeiro de Santaballa tras dez meses pechado

Por 24 Agosto, 2020Sin comentarios

Tras meses de obras e peche obrigado pola pandemia, volveu abrir as súas portas o circuíto Bike Park de Outeiro, ubicado na parroquia vilalbesa de Santaballa.

Esta instalación pechara ao comezo do inverno para proceder as reparacións habituais e cando comezaba a tempada de primavera e estaban a piques de abrir, chegou o confinamento.

Debido a isto, decidiron seguir coas remodelacións e este mes de agosto abriu as súas portas de novo tras dez meses parado.

A espera mereceu a pena xa que unha vez abertos, contaron con moitas reservas, xa que atende a xentes de toda Galicia e doutros lugares da cornisa cantábrica.

Este lugar, que está concebido como un campo de adestramente conta con catro modalidades de circuíto, unha finca de 20.000 metros cadrados cos nomees dirt jump, pump track e pump track race e four cross, que permite tamén competir en diferentes espacialidades.

Neste tempo en obras e de parón aproveitaron para reformar as instalacións de salto e de madeira, principalmente xa que estaban deterioradas. Tamén se fixo un intenso trabalo de desbroce e poda e se colocou unha zona de iniciación para os máis pequenos, que aínda está sen rematar.

Debido á situación sanitaria, hoxe en día teñen un tope de aforo en 50 persoas. Abren entre semana con reserva previa pero as fins de semana non é necesario aínda que recomendable para evitar aglomeracións. Por suposto, é obligatorio acceder con máscara e o hai xeles para uso dos visitantes.