Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O I Slalom do Concello de Guitiriz será o 12 de setembro

Por 29 Agosto, 2020Agosto 30th, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz acolle, o vinderio 12 de setembro, o I Slalom no circuíto do Campo da Feira. A Escudería Scratch Fene é a encargada de organizar esta proba automobilística que será de carácter nacional e puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom.

A carreira estaba prevista que se disputase o pasado 28 de marzo, pero quedou adiada por mor do coronavirus.

De cara a lograr o maior control de tódalas persoas que se acheguen ata Guitiriz, a organización facilitará o uso dunha aplicación para dispositivos móbiles pola que tanto, pilotos, membros de asistencia, así coma público, terán que rexistrarse para poder acceder á zona da competición.

Deste xeito, poderase saber entre que horas estiveron as persoas presentes na proba, así coma facer un cribado coa información de saúde de cada persoa, có cal, permitirase un rastreo moito máis doado en caso de ser necesario.

Por outro lado, ubicaranse dispensadores de xel por parte do Concello de Guitiriz para que todos aqueles que se acheguen o circuíto poidan desinfectar as mans antes da entrada. O acceso a praza da feira estará permitido por una única rúa, así como a saída por outra para ter un correcto control de accesos.