Skip to main content
ActualidadeVilalba

Rematan as obras dos baños de infantil no Ceip Terra Chá

Por 29 Agosto, 2020Sin comentarios

O colexio Terra Chá de Vilalba xa conta en servizo cos novos aseos para as clases de infantil, unha obra realizada pola Xunta de Galicia que da servizo a dúas aulas.

Os novos baños teñen lavabo e retrete adaptado e cambiador infantil para as familias que teñen vir cambiar de roupa os seus fillos ou nenos con necesidades. Tamén ten ventilación natural coa instalación dunha ventana aislante. Como novidade ten un timbre o cal o mestre pulsa e a persoa de limpeza que vai estar no centro por mor do covid-19 accede a limpar si é necesario.

O obxectivo desta obra é que todo o alumnado de infantil (26 nenos) non teñan que saír da clase para ir ao baño. Como estes son de uso exclusivo para os pequenos destes cursos existe menos risco de contaxio.

Esta obra, que tivo un orzamento de 12.000 euros foi solicitada en xuño, tras recibir da Consellería un correo electrónico onde se detallaba si o centro tiña necesidades de obras por mor da covid-19 como aseos ou división de aulas.