Skip to main content
Actualidade

Restrinxen os produtos que poden poñerse á venda nas feiras quincenais das Pontes

Por 29 Agosto, 2020Sin comentarios

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, vén de publicar un bando no que informa das novas medidas que rexerán as feiras quincenais que se celebran o 1 e 15 de cada mes.

A propósito principal é limitar os produtos que se poderán poñer á venda e que se circunscriben á venda de produtos alimentarios así como froitas e verduras; produtos de xardineiría e ferramenta e útiles para os labores do campo. Polo tanto, queda excluída a instalación daqueles postos que comercializan produtos distintos.

A suspensión da actividade dos restantes postos ten carácter provisional e quedará sen efecto cando, logo da avaliación das circunstancias concorrentes, a situación epidemiolóxica o permita.