Skip to main content
AbadínActualidade

Abre o día 7 de setembro o PAI en Abadín

Por 31 Agosto, 2020Sin comentarios

O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, anunciou que o PAI de Abadín abrirá o 7 de setembro para comezar co resto o novo curso escolar e tras permanecer pechado por mor da alerta sanitaria.

Ademais, o centro contará cun novo horario máis amplo, xa que atenderá de 8.00 horas a 20.00 horas, unha medida que xa estaba previsto poñer en marcha o ano pasado pero que non se puido implementar debido á suspensión das actividades coa pandemia. A ampliación do horario decidiuse cando a concelleira Edita Castiñeira deixou a Corporación en novembro pero non se puido aplicar nun primeiro momento debido á súa baixa médica.