Skip to main content
Actualidade

Dani Castro, subcampión de España en arco recurvo

Por 31 Agosto, 2020Sin comentarios

O seteiro Dani Castro, do Club Sílex das Pontes, fíxose co título de subcampión de España en arco recurvo que se celebrou estes días en Madrid para todas as especialidades.

Castro fixo unha gran actuación e foi na final cando caeu ante un intratable Pablo Acha, que se impuxo por 6 a 0. «

A prata individual non foi a única medalla que se colgou Castro. Na competición por equipos autonómicos, a selección galega, integrada tamén por Miguel Alvariño e Pedro Pina, sumou un terceiro.

A expedición galega logrou unha terceira medalla da man de Xaquín Mira, natural de Narón pero integrante do Club Sílex, que se subiu ao terceiro banzo do podio na competición de arco composto.

Mentres tanto, Miguel Alvariño, que loita por recuperar a súa praza para os xogos olímpicos, correu peor sorte na competición de arco recurvo. Aínda que logrou acabar a rolda clasificatoria no segundo posto, caeu en cuartos ante o madrileño Ken Sánchez Antoku.

En xuvenís, Daniel González Formo quedou a un paso de superar a rolda clasificatoria.