Skip to main content
Actualidade

Vigo imponse no campionato galego de vela disputado nas Pontes

Por 1 Setembro, 2020Sin comentarios

Esta fin de semana celebrouse no Lago de As Pontes o Campionato Galego de Vela na clase Vaurien, asimesmo, vixéximo primeira Regata Vila de As Pontes.

Ó longo de tres días unha trintena de regatistas procedentes de Vigo, Cangas, A Guarda, Ares, do equipo local Clube de Vela Fluvial As Pontes, e incluso embarcacións chegadas dende Castela León e Cantabria disputaron seis mangas.

Os vencedores absolutos resultaron Pablo Cabello e Mario Pérez, do Real Club Náutico de Vigo, bronce no pasado Mundial de Italia 2019. Pablo ademáis fora Campión en Polonia 2017, plata en Uruguay 2004 e bronce en Portugal 2008.

Ao segundo escalón do podio subiron Nacho Campos e Yolanda Bastos, do Alagua de A Guardia, mentres que o terceiro caixón ocuparono Laura Llópiz, seis veces Campiona do Mundo, cinco femenina, Eslovaquia 2010, Alemaña 2011, Francia 2012, Sanxenxo 2013, Italia 2019, e tamén campiona en mixto e subcampiona absoluta en terras xermanas en 2018 xunto a Tone Pérez, regatista que tamén fora prata en Portugal 2016 e bronce en Holanda 2015.

Nas categorías tanto xuvenil coma feminina, dobrete das irmáns Paula e Paloma González, do RCN de Vigo, Campionas do Mundial Xuvenil de Alemania 2018.

Acompañaronas no podio, respectivamente, no feminino, dúas embarcacións locais, a de Marta Torres e María Lefler, segundas, e Ana Torres e Carla Pérez, terceiras, mentres que no Xuvenil, prata foron Pedro Fernández e Carolina Iglesias (RCN Canido) e bronce os locais Javier Martínez e Nano Torres.

Estiveron presentes na entrega de trofeos os concelleiros Elena López e Vicente Roca, e Nacho Campos, da Federación Galega de Vela.