Skip to main content
AbadínActualidade

Éxito no campamento de verán realizado en Abadín

Por 2 Setembro, 2020Sin comentarios

O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, valorou positivamente o campamento que tivo lugar este verán no Concello para axudar a conciliar a vida laboral e familiar con nenos de 3 a 12 anos. Participaron un total de 25 nenos que fixeron numerosas actividades “sen saír do Concello para evitar riscos”, explicou Rancaño.

Os pequenos disfrutaron de todo tipo de xogos ao aire libre como unha ruta en bici, kayak na Roxica, tiro con arco, obradoiro de reciclaxe e xogos musicais e tradicionais ademais de facer un día a semana en inglés. Tal e como explicou Rancaño, “este foi un ano para os rapaces coñeceran os distintos rincóns do Concello de Abadín”.

Debido á situación procovada polo covid-19 non houbo saídas fóra do Concello e non se admitiron rapaces doutros concellos como pasada en anos anteriores. Ademais, procurouse celebrar a maior parte das actividades ao aire libre.