Skip to main content
Actualidade

Últimos reforzos para o CD As Pontes

Por 5 Setembro, 2020Sin comentarios

O CD As Pontes continúa redondeando o eixes do club e fixo públicas novos cambios dentro da estrutura do club. Así, presentouse de forma oficial o corpo técnico que estará a cargo do primeiro equipo a vindeira tempada. Ó xa coñecido Luis Santiago súmanse Manu Posse como preparador físico, Samuel Martínez como adestrador de porteiros e Guille Vázquez como adestrador adxunto.

Manu Posse destaca polo seu labor no Victoria CF cadete  e no CD Lugo xuvenil, ambos os dous de División de Honra, así como  na Unión Deportiva Paiosaco da 3ª División. De Samuel Martínez destacan o seu paso polas categorías inferiores do Rácing de Ferrol, o traballo como 2º adestrador no Cultural Maniños S.D. de 1ª Rexional e na UD Somozas da 3ª División.

En canto a Guille Vázquez, alternará o primeiro equipo co seu actual labor como adestrador do equipo infantil.

Ademais, Rubén Rivas Abella encargarase do equipo xuvenil de Liga Galega xunto a Joaquín Breijo Novo, que ata agora estaba no alevín.

Así mesmo, o club sénior confirmou tamén a fichaxe de Pablo Fraga, xogador de 19 anos procedente do Deportivo da Coruña da categoría xuvenil de Divisón de Honra e tamén xogador anteriormente do Ural. Nas Pontes realizará labores de defensa. Á parte de diante incorpórase David Mitogo, xogador procedente das Somozas de 30 anos que tamén xogou no Arenteiro, no Barco e no Salamanca. Tamén foi internacional en tres ocasións con Guinea Ecuatorial.