Skip to main content
A PastorizaActualidade

O CIN incorpora unha peza de madeira que rende homenaxe ao Lugnasad

Por 6 Setembro, 2020Sin comentarios

O CIN de Bretoña vén de incorporar ao seu muestrario unha peza tallada en madeira, realizada por Ismael García Rodríguez con motivo das festas do Lugnasad 2020 de Bretoña, simbolizando a árbore da vida celta.

A obra situarase enriba da pila de mármore orixinal da vivenda na que se sitúa no centro de interpretación, que xa albergaba unha réplica de vasilla de cerámica castrexa galaica do Castro de Saa.

Chega ao CIN Bretoña como unha cesión sen ánimo de lucro por parte da Asociación Cultural Auruxeira, propieteria da obra.

En canto á representación, as árbores tiñan un valor moi especial dentro do animismo da cultura celta (xunto cos ríos, as fontes ou os animais), tanto para aspectos loxísticos como o de protección e obtención de leña como para tradicións como os xuramentos, bodas e diversos rituais druídicos.

Desta maneira, a árbore da vida celta tomou unha simboloxía que enlazaba o seu significado coa vida e a existencia, unindo a terra co ceo por medio das súas raíces, que se articulan coa terra captando a súa enerxía, e a través das follas da copa, recibía luz e calor que se transformaba na fotosíntese que lle outorgaba a vida, mentres que a copa comunicaríase co ceo. Ademais, para algúns pobos celtas a árbore era a representación dos deuses e conformaba a sabiduría e a forza.

Esta concepción iniciada cos druidas celtas pasaría de xeración en xeración de maneira oral ata os nosos días, manténdose desta maneira a súa verdadeira esencia.