Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

A estrada Friol-Palas entra na Lista Roja del Patrimonio

Por 7 Setembro, 2020Setembro 9th, 2020Sin comentarios

A estrada LU-231 de Friol a Palas vén de ser incluída na Lista Roja del Patrimonio polo proxecto de amaño da vía que contempla a ampliación da estrada que, segundo indican, poría en risco o patrimonio natural construído.

Segundo explica a ficha que presentou Hispania Nostra “case todas as estradas de Galicia estaban flanqueadas por árbores en ambas as marxes, probablemente para facer máis confortables as viaxes entre os pobos e para facilitar a saúde dos animais que tiraban das dilixencias.

Coa chegada do automóbil e sobre todo dos camións, esas estradas foron ampliándose lateralmente e os gobernos sucesivos foron aprobando normas de deseño de estradas de modo normalizado o que provocou a talla de árbores das marxes na maioría delas.

A estrada LU-231 é das últimas estradas que quedan con árbores e estes son especies autóctonas como bidueiros, castiñeiros, carballos e haxas. Todos eles especies non pirófitas e gran parte deles, árbores de ribeira. Esta estrada, ademais, está flanqueada nunha boa parte por muros de pedra tradicional “a xunta seca”, cuxa técnica foi declarada patrimonio da humanidade pola Unesco. Todo iso discorre pola Reserva da Biosfera do Miño, e coincide puntualmente co Camiño de Santiago, ao seu paso atópase tamén o Castro de Macedo, así como varios conxuntos de dolmens/dólmenes, mámoas e petróglifos, de indubidable valor patrimonial.

O conxunto formado pola estrada coas fileiras de árbores e os muros tradicionais cubertos con musgo en boa parte da súa superficie, conforman un patrimonio natural e construído inigualable, que representa á perfección a paisaxe máis bela de Galicia”.

A entrada explica que a estrada ten o firme deteriorado pola falta de conservación e mantemento, “pero mantén viva a paisaxe creada no século XIX, con árbores de ribeira e muros tradicionais de pedra a xunta seca. Por tanto, se se mellora a plataforma cunha nova capa asfáltica, evitaríase arrasar as árbores e os muros centenarios”.

O obxectivo da inclusión nesta listaxe é que a Xunta de Galicia e veciños “de que non necesita ampliar lateralmente a estrada arrasando o patrimonio natural e construído”.