Skip to main content
Actualidade

Esta fin de semana serán as festas virtuais da parroquia de Ponte de Outeiro

Por 8 Setembro, 2020Sin comentarios

Esta fin de semana serán as festas virtuais da parroquia de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei.

Este ano serán os días 11, 12 e 13 de setembro debido á situación sanitaria do país, fin de semana que coincide coas festas do pobo, e serán virtuais.

Nun comunicado, a comisión indicou que “non queremos contaxios” razón pola que decidiron cambiar as habituais festas presenciais por unha convocatoria virtual, emprazando á veciñanza ás do próximo ano.

Así, este setembro as redes sociais acolleran unha festas virtuais nas que haberá moita música baixo a máxima Se non hai festa faise.

As festas desenvolveranse polo tanto nas redes sociais de facebook e instagram con música, poesía e maxia como principais atractivos.

A programación consistirá en que cada hora da fin de semana irase subindo un vídeo ás redes sociais para que a xente vexa “os grandes músicos da nosa terra tocar e saudar á xente de Outeiro”. Estarán presentes artistas como Luis Caruncho, Ruxe-Ruxe, Los Jinetes del Trópico, García MC, Germán Díaz… e outros máis coñecidos, como Cristian Silva, Hugo Torreiro e De Vacas.

Ademais, dende agosto viñéronse celebrando sorteos de máscaras, camisetas, chapas e ata bolsas de tela de diferentes marcas galegas. Ademais, para rematar, o domingo á tardiña a música que presentarán vai ser exclusivamente outeirán, cos participación dos músicos da Ponte de Outeiro.

O venres ás 22.30 abriranse as festas da man de Andrea e Sandra Méndez en directo dende o campo. Ademais farase un soprteo durante a actuación. Todo isto en directo dende a páxina de Facebook.