Skip to main content
Actualidade

Endesa rematará as probas con biocombustibles en outubro

Por 11 Setembro, 2020Sin comentarios

A central térmica de Endesa nas Pontes deu inicio finalmente o mércores ás esperadas probas cunha mestura de biocombustibles e carbón que, no caso de que fosen eficientes desde o punto de vista técnico e rendibles economicamente permitirían evitar o peche destas instalacións das que dependen, entre empregos directos e indirectos, ao redor de 700 familias da comarca.

As probas tiñan que comezar este verán e o anuncio das mesmas foi unha das razóns polas que se tranquilizaron as mobilizacións pola comarca unha vez que Endesa anunciou o pecha de factoría.

Estas probas constarán de dúas fases. Na primeira, chamada de aproximación, avaliaranse dúas mesturas distintas de biocombustibles e carbón en diferentes proporcións, pero con preponderancia de mineral en todos os casos. Para iso, a compañía adquiriu 8.000 toneladas de carbón kazako, que se caracteriza polo seu alto poder calorífico, o máis adecuado desde o punto de vista técnico para este tipo de probas.

Esta primeira fase concluirá a finais deste mes de setembro; a partir de entón comezará a segunda, a das probas definitivas, que terá unha duración de cinco días por cada unha das mostras. En outubro, e cos resultados das mesmas na man, Endesa valorará a viabilidade de producir enerxía con esta combinación de mineral e biocombustibles, comprados neste caso á empresa lucense Agroamb, que fornece para esta operación un total de 20.000 toneladas.

CONCELLO

Por outra banda, o Pleno das Pontes revisou o informe no que se analizan as alegacións presentadas polo Concello das Pontes ao proxecto de desmantelamento da central térmica presentado por Endesa ao Goberno. O informe municipal, que supera as 200 páxinas e foi elaborado por técnicos municipais e asesores, solicita á empresa que, de producirse o desmantelamento, modifique o procedemento e o faga polo procedemento lente, así que en vez de durar dous ou tres anos, estenderíase ata os sete ou oito.

O Concello tamén fai fincapé na falta de alternativas socioeconómicas para a localidad neste plan de Endesa xa que non se recollen  aspectos  fundamentais, como os efectos que os traballos terían sobre o patrimonio próximo ou o río Eume. O Concello crita que non se teñan en conta as probas de biocombustibles.