Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba súmase á campaña de promoción da reserva da biosfera Terras do Miño

Por 16 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba será escenario desde este venres e ata o domingo dunhas xornadas para divulgar e promocionar os valores da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que servirán ademais para concienciar sobre a importancia dunha xestión correcta dos residuos para protexer o medio ambiente.

As Reservas de Biosfera son espazos do planeta recoñecidos internacionalmente e seleccionados polo seu interese científico, ecolóxico, biolóxico e cultural, lugares onde se desenvolven actividades nas que a sustentabilidade é unha prioridade.

O Concello da Vilalba atópase na Reserva da Biosfera Terras do Miño, polo que é moi importante coñecer os seus valores ambientais, culturais, etnográficos e gastronómicos.

As xornadas farán tamén fincapé na importancia de conservar e coidar o planeta, cambiando hábitos de vida e adoptando novas formas de actuar baseadas na economía circular, encamiñada ao obxetivo de cero residuos empregando a diario a regla das 3R (Reducir, Reutilizar e Reciclar).

O residuo debe de ser considerado como un recurso, unha materia prima que se pode aproveitar para producir abono orgánico (compost) de excelente calidade para cultivar.

A xornada do venres será para a comunidade educativa e na do sábado, na Casa da Cultura, intervirán a alcaldesa, Elba Veleiro; José Pérez, da Sogos Consulting, empresa executora das xornadas, e Saúl Rouco, da explotación de porco celta Fraga do Coto.

“Ademais de falar do potencial da reserva, falaremos con exemplos da importancia do emprego e de emprender no rural, un aspecto que garante o futuro da zona”, afirma José Pérez.

Durante as xornadas, se repartirán composteiros individuais e 200 bolsas reutilizables para residuos. O domingo, día 20, haberá unha visita guiada pola Reserva da Biosfera Terras do Miño.

“Explicarei a historia da explotacion, como foi a súa posta en marcha e a importancia deste tipo de negocios para o aproveitamento do monte, contribuíndo a xerar riqueza na biosfera”, explica Saúl Rouco, propietario de Fraga do Coto.

As prazas son limitadas e a inscrición previa obrigatoria para non exceder aforo. Máis información e inscricións no teléfono 982 51 03 05 ou nas oficinas do Concello de Vilalba. As actividades se realizarán seguindo todas as medidas de seguridade e prevención do covid-19.