Skip to main content
AbadínActualidade

O PSOE de Abadín critica o estado dos valados de protección nas pontes

Por 24 Setembro, 2020Sin comentarios

O PSOE de Abadín fixo pública a súa queixa polo estado no que se atopan o valados de protección das pontes nas parroquias de Romariz e Labrada.

Os socialistas engaden tamén que en Moncelos e na ponte das Goás a Abeledo están “neste estado lamentable de abandono”.

“Sr. Rancaño xa sabemos que leva 6 meses estudando as medidas para paliar os efectos da Covid no noso Concello según informou e non tivo tempo para ver o estado destas pontes”, explican na súa queixa.

Por outra banda, acusan ao alcalde de falta de respecto á oposición e ao Pleno, “entregando folios en branco aos seus concelleiros para que pinten mentras dura a sesión”.

Reclaman que os cartos que aforrou o Concello ao non haber festas se destinen a aglomerar esas zonas.