Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Voluntarios limparán os ríos este domingo en Pol

Por 24 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Pol sumarase este domingo 27 de setembro ao Proxecto Ríos, que organiza a XIII Limpeza simultánea de Ríos en diferentes lugares de Galicia.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A XIII Limpeza Simultánea Móllate polos ríos celebrarase este ano en 49 concellos de toda Galicia, e participarán máis de 60 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, delegacións de Adega, centros de ensino…). A limpeza mobilizará a numerosos voluntarios e
voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 49 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

Para participar é preciso inscribirse no Concello de Pol. As persoas voluntarias serán agasalladas cunhas máscaras co lema da limpeza. Todas as actividades contemplarán as indicacións pertinentes relacionadas coa situación de pandemia orixinada pola covid-19.