Bonos consumo Vilalba

Comeza o programa Educando en Familia en Guitiriz

Guitiriz celebrará a primeira reunión informativa sobre o programa Educado en Familia, que será impartido polas orientadoras do anterior Preescolar na Casa. Será o martes 29 de setembro, ás 11.00 horas na Casa Habanera.

Este programa educativo vai dirixido ás familias con nenos e nenas que teñan entre 0 e 3 anos de idade ecudan ou non a outros centros educativos. O obxetivo do mesmo é contribuír á formación das familias e axudar a desenvovler plenamente as capacidades dos nenos a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educatica familiar.

Os interesados en informarse poden facelo a través do número 982 370 109.

Etiquetas