Skip to main content
Actualidade

O Pleno de Outeiro de Rei aproba unha nova normativa para a escola infantil

Por 28 Setembro, 2020Sin comentarios

As familias con dous fillos na escola infantil de OUteiro de Rei beneficiaranse da nova normativa aprobada polo Pleno, pola que só pagarán po un. Este medida busca asemellarse ao sistema de rexe nas escolas autonómicas.

O novo regulamente terá carácter retroactivo polo que se aplicará xa para este curso en marcha.

O Pleno aprobou tamén unha ordenanza reguladora dos prezos públicos para a prestación de actividades, clases e talleres nos ámbitos cultural, social e deportivo.

O grupo popular fixo valer a súa maioría para aprobar unha moción na que insta ao Goberno central a tomar medidas ante o fenómeno okupa. No tivo tanta sorte a moción do BNG na que pedía a municipalización do SAF.