Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O San Xoán de Guitiriz de fútbol sala xa ten configurado o equipo

Por 30 Setembro, 2020Sin comentarios

O equipo sénior masculino de fútbol sala da ADC San Xoán de Guitiriz continuará unha tempada máis e xa persentou a listaxe de xogadores que pelexarán a próxima tempada en Preferente.

Cando se formou este clube, un dos seus principais obxectivos era darlle un espazo onde poder desfrutar do fútbol sala ós rapaces e rapazas en categoría sénior de Guitiriz. Deste modo, anunciaron que este obxectivo vese máis cumprido que nunca ao poder contar para a tempada 2020-2021 cunha plantilla masculina integrada na súa totalidade por xogadores do Concello de Guitiriz e que todos pasaron polas escolas deportivas do pobo.

Así, do ano pasado renovan xogadores como Esteban, Manel, Suso, Adri, Álex, Campello, Toki, Christian,  Nimbos e Xabi. No capítulo de altas, súmanse ás filas do equipo Asier, Diego, Diego Alvariño Piti e Alberto, que dá o salto dende a categoría xuvenil.

Entre as baixas figuran a de Ángel, Anxo, Ivis e Manolito como xogadores e de Carlos como adestrador. Este ano tampouco haberá equipo feminino debido a que as xogadoras que quedan non son suficientes.

Finalmente, Manuel Martínez Maradona farase cargo do adestramento do equipo sénior masculino trala baixa de Carlos. Maradona é un dos fundadores do club e adestrador dos equipos das categorías inferiores.