Skip to main content
Actualidade

A pandemia do covid-19 reduce casos activos e presión hospitalaria

Por 2 Outubro, 2020Sin comentarios

Unha semana máis, a presencia do coronavirus na provincia continúa á baixa, aínda que faino máis lentamente do que se extende.

Hoxe hai 526 casos activos, que supoñen 104 menos que hai xusto unha semana. Neste mesmo período tempo producíronse 245 altas polo que seguen aparecendo casos novos todos os días, aínda que os gromos que se detectaron nas residencias de  maiores de O Incio e Outeiro de Rei están controlados malia ter causados estragos entre os residentes. En total foron contaxiadas nunha semana 146 persoas en toda a provincia.

Por outra banda, detectouse tamén un brote en Meira, que afecta polo de agora a 16 persoas do mesmo núcleo familiar que están repartidas por varios Concellos. O contaxio xestouse nunha comida familiar.

A presión hospitalaria mellorou moito xa que haio 27 persoas ingresadas cando hai unha semana había 49. Segue habendo 5 na UCI do Hula mentres en planta están 1 en Monforte, 4 en Polusa e o resto no de Lugo.

Tamén na última semana 5 persoas perderon a vida pola pandemia e xa son 89 as persoas falecidas dende que comenzou a epidemia.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.203, 249 menos que hai sete días. Deles 904 son da área da Coruña, 526 da de Lugo, 850 da de Ourense, 765 da de Pontevedra, 491 da área de Vigo, 539 da de Santiago, e 128 da de Ferrol, con baixada en todas as áreas sanitarias agás en Ourense donde hai activos varios gromos.
Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI (4 máis que hai unha semana), 207 en unidades de hospitalización (3 máis) e 3.960 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.389 persoas curadas (1587 máis), rexistrándose 749 falecementos (23 máis).

En residencias, hai 313 usuarios afectados (27 menos) e 133 (un menos) profesionais.