Skip to main content
ActualidadeMeira

Meira fará as inspeccións de turismos a finais de novembro

Por 4 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Meira informa de que dende o día 27 de novembro ao 2 de decembro a ITV móbil pasará polo Concello para as inspeccións de turismos.

Estará ubicada na área recreativa xunto á urbanización O Carballal e en diferentes horarios dependendo do día.

Para acudir é necesario coller cita no teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com, onde se lles informará dos horarios.