A nave do Senpa acollerá unha pista de pádel en Guitiriz

O Concello de Guitiriz prepara o seu novo proxecto deportivo coa construción dunha pistal de pádel no interior da nave do Senpa.

O proxecto financiarase cunha partida duns 100.000 euros procedentes dos fondos que lle corresponden ao Concello do Plan Único da Deputación do ano 2020.

A pista estará delimitada por un peche acristalado e tan só se poderá contar con unha xa que o longo da nave non permite construír dúas, así que nese espazo sobrante faranse os vestiarios que tamén levarán unha segunda altura para poder acoller outras actividades.

De feito, unha parte do edificio xa se acondicionou previamente como vestiario para os operarios municipais e tamén se converteu na sede das clases da Escola Municipal de Música.

A construción da pista de pádel responde ao desexo do Concello de aproveitar as amplas instalacións do Senpa para usos sociais e deportivos.

Por outra banda, a alcadesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, comunicou que dependedo da disposición de fondo pretende construír unha nave no polígono industrial que sirva de garaxe municipais.

Etiquetas