Skip to main content
Actualidade

Arrinca nas Pontes unha nova edición do programa Cuidadanas

Por 6 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes iniciou a segunda edición do programa Cuidadanas, organizado pola Fundación Mujeres, co financiamento da Deputación da Coruña

Unha iniciativa que ten como obxectivo prioritario ofrecer ás coidadoras informais do municipio un recurso de orientación, acompañamento e apoio a nivel emocional, formativo, persoal e social para contribuir a paliar as consecuencias derivadas do coidado de persoas en situación de dependencia.

Nese sentido, a concelleira de Benestar Social, Tania Pardo apunta que “no Concello das Pontes somos conscientes de que o coidado das persoas dependentes repercute no benestar, na saúde, na autoestima, na vida laboral e mesmo nas relacións familiares das mulleres coidadoras e con esa nova edición buscamos seguir axudando a mellorar a calidade de vida das nosas veciñas e a promover o seu desenvolvemento ao tempo que tratamos de fomentar as relacións interpersoais entre mulleres que viven realidades similares”

Este programa, a través de catro obradoiros, afondará en aspectos como a escoita activa, centrándose na empatía, na escoita asertiva e na regulación de conflitos de xeito non violento, na corresponsabilidade para a toma de conciencia da necesidade do reparto de responsabilidades familiares nas tarefas do coidado así como na xestión do tempo e na alfabetización dixital e redes sociais como elementos clave para a activación, comunicación e participación na contorna

Todos os talleres se desenvolverán os luns, de 10:30 a 12:30 horas na sala polivalente da Casa Dopeso e participarán 12 mulleres.