Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Parga rock celebrarase finalmente o 31 de outubro

Por 6 Outubro, 2020Outubro 8th, 2020Sin comentarios

Tras anunciar o programa do Parga Rock, os organizadores comunicaron que aprazaban esta edición debido ao incremento de casos de coronavirus que se estaban a dar na zona e tamén pola dificultade que supón en eventos así manter as distancias de seguridade.

O Parga Rock estaba previsto para o 5 de setembro e contaba coa participación de é Dark Embrace, Raze, Nuada, Gran Reserva e os Rastreros.

Pero agora anunciaron nova data de celebración, esta será o día 31 de outubro, no que ademais está previsto que actúe Nuada, a banda de rock en galego nada no 2015 tras reunións dun grupo de amigos de Teixeiro que se xuntaban “para pasar o tempo”, e tamén poderase desfrutar de Reincidentes, o mítico grupo de rock español, formado en Sevilla e caracterizado por ter letras moi críticas coa sociedade actual.

Xa o domingo 1 de novembro haberá unha proxección sobre os XXV anos do rock Bravú e unha foliada cara o mediodía, tamén contarán cunha exposición fotográfica sobre as edición do Parga Rock  que se poderá desfrutar desde o domingo 25 de outubro ata o 8 de novembro. Esta contará con artistas como Yoshimura Eye e Martín Pelletier e será nas instalacións do Bar O Recreo.

Dende a organización lembran que haberá control de aforo para poder garantir as normas sanitarias e tamén que poderase facer unha colaboración simbolica cunha rifa obrigatoria para a entrada.